Mostrando entradas con la etiqueta PICPLAYPOST. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PICPLAYPOST. Mostrar todas las entradas

viernes, 8 de enero de 2021

domingo, 9 de febrero de 2020

MÁIS MERGE CUBE NAS AULAS DE 3º A 6º DE PRIMARIA

O proxecto DigiCraft no teu cole consta de dous itinerarios. O primeiro traballa a realidade aumentada e os videoxogos. Esta sesión foi a última deste primeiro itinerario que, en resumo, foi un éxito.
O segundo itinerario, que comezaremos nas vindeiras semanas, traballará a intelixencia artificial e a robótica.






jueves, 12 de diciembre de 2019

HOLOGRAMAS, PICPLAYPOST, CÓDIGOS QR E PHOTO GRID EN PRIMARIA


A sesión estivo dedicada á reprodución de hologramas. Tiveron que conseguir resolver unha serie de probas para obter a clave e abrir o kit de realidade aumentada e videoxogos e extraer del a pirámide holográfica para poder ver a imaxe en tres dimensións proxectada no aire.
Encantoulles!






















jueves, 14 de noviembre de 2019

PICPLAYPOST EN EDUCACIÓN FÍSICA

Onte, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria tivemos o pracer de recibir no noso cole a Pili (Entrenadora Nacional de Fútbol Sala, Licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e actual entrenadora do equipo O Fisgón Futsal de Moaña). Contounos moitas cousas sobre este deporte, pero tamén fixo que reflexionáramos sobre a pouca participación feminina no mesmo. Deixounos claro que este deporte pode ser practicado tanto por homes como por mulleres, sen diferencias de ningún tipo. 
Grazas Pili polo teu tempo e tamén por esa maneira de enfocar o deporte feminino, non só o fútbol, senón calqueira deporte que queiramos practicar as mulleres.



viernes, 31 de mayo de 2019

PICPLAYPOST NA SEMANA DA FROITA EN 6º DE INFANTIL

Onte, os nenos/as de 5º de primaria cos nosos afillados/as lectores tivemos unha xornada de convivencia.
No colexio de Quintela dámoslle moita importancia á alimentación saudable, polo que todos os anos participamos no proxecto Aliméntate ben, dentro dos Plans Proxecta.
Esta semana e a que vén merendamos todos froita no cole e aproveitamos esta gran oportunidade para facer una obradoiro de froita, na que participamos as dúas clases, polo noso vínculo especial de ser padriños e afilllados lectores. 
Tiveron que facer unhas simpáticas figuras coa froita e outros ingredientes que utilizamos para decorar.
E, como non,  aproveitamos a visita para ler contos xuntos.
Foi moi divertido!!!





domingo, 24 de febrero de 2019

ESCORNABOT, TYPORAMA E PICPLAYPOST EN 2º DE PRIMARIA

Na aula de 2° curso estivemos repasando os principais ósos do corpo humano co Escornabot. Plantexamos as preguntas, o equipo resolve e un dele da as ordes ao robot para levalo á resposta correcta.
Traballamos a competencia dixital, a competencia social e cívica, a competencia oral e a competencia matemática.
O obxectivo fundamental foi traballar os ósos do corpo humano.
Os corridos traballados foron as partes do corpo, no es dos ósos principais, traballo cooperativo...
O resultado foi moi positivo. A continuación deixamos un resumo.