As nenas e nenos de 4º de primaria elaboraron un cómic e, coas Makey Makey estamos aprendendo a programar para que en cada viñeta se reproduza a nosa voz.
Gústanos moito!
As nenas e nenos de 4º de primaria elaboraron un cómic e, coas Makey Makey estamos aprendendo a programar para que en cada viñeta se reproduza a nosa voz.
Gústanos moito!
Os Canciños deseñaron en papel os diferentes camiños para que o robot (rato) atope o camiño á casa, para despois comprobalo no tapete co robot.
Pouco a pouco , paso a paso, así programan os maís peques.
O alumnado do 3º ciclo estivo deseñando na aplicación Tinkercad o seu nome nunha placa para, a continuación imprimilos e colocalos nos maletíns dos ordenadores E-Dixgal.
Quedáronlles moi ben.
O alumnado de 3º quería facer o nome do equipo de clase na impresora 3D. Primeiro tomaron as medidas da placa da impresora, para non facer o deseño moi grande. Logo, deseñaron en papel o nome do equipo, pasáronno á aplicación Doodle 3D e, por último, imprimiron e colocaron nas mesas.
Traballaron moito, pero o resultado foi moi satisfactorio.
A clase de primeiro quixemos agradecer a profe Kathy o traballo que realizou na olimpiada. Deseñamos en papel unha medalla para a que tivemos que tomar diferentes medidas e cálculos. De todos os deseños, botamos cal nos gustaba máis para levar á impresora 3D. Deseñamos o modelo, imprimímolo, pintámolo e puxémoslle unha cinta para regalarlla a Kathy.
Quedou encantada!
Na biblioteca temos unha máquina que chama moito a atención do alumnado e fai que pregunten cousas sobre ela. É unha cortadora láser que poucos coñecen o seu uso.
Estes días, o alumnado de 6º de primaria estivo fedellando con ela e co programa de deseño. Cortamos fieltro e DM.
Gustoulles moito!
A clase do teatro está a traballar os números en Inglés. Van facer un libriño con eles para levar a casa e así xogar con eles as veces que queiran.
Para facer máis fermoso o libriño, deseñaron coa aplicación Doodle 3D e imprimiron un chaveiro coa palabra NUMBERS que levarán colocado.
Mirade que fermosos quedaron!
Canto aprendemos e traballamos cos robots que temos na biblio. Estivemos levando aos nosos robots ata os queixos que lle colocamos pola cuadrícula, escribindo previamente o percorrido que tiñan que facer nun papel e a través de frechas.
Foi moi divertido!
Hoxe, o alumnado de 4º estivo na biblioteca xogando nos distintos recantos cos diversos xogos sobre linguaxe de programación.
Encantounos!
A clase de 5º de infantil investigou durante este trimestre sobre as bolboretas. Unha das actividades que fixeron foi facer unhas debuxos na aplicación Doddle 3D e imprimíronna na impresora 3D na biblioteca.
Estiveron moi atentos durante todo o proceso de impresión das súas bolboretas. Mirade que fermosas quedaron!!!
O pasado luns día 2, celebramos no cole o Día da Ciencia a cargo do alumnado de 4º. Todas as nenas e nenos do cole foron pasando pola biblioteca en quendas para poder desfrutar dos experimentos que se foron amosando.
Os experimentos foron o resumo dun duro traballo de investigación que prepararon nas clases de ciencias xunto co profe Emilio.
Parabéns a todas e todos polo ben que o fixéchedes!
Para visualizar os experimentos, facede click enriba do nome de cada un e poderedes ver o estupendo traballo que realizaron.
Na aula de 2° de primaria atopámonos co problema de que faltaban moitas regletas do número 10, así como tamén bases para completar este número con regletas de distinto número e cor. Pero rápido demos cunha solución, empregar a impresora 3D para fabricalas! E alá nos puxemos a diseñar e imprimir bases e regletas.
Hoxe, tivemos tempo para xogar e relaxarnos coas nosas compañeiras e compañeiros desfrutando dos distintos xogos que temos na aula. Houbo quen pintou, quen escribiu no seu diario ou na axenda, tamén houbo persoas que xogaron ás cartas, coas osmo...
Foi un momento moi agradable...
Hoxe gozamos dos recantos da biblio. Xogamos coa Osmo Pizza e co Concept. Tamén traballamos a linguaxe de programación e o pensamento computacional co Turttles, coas Osmo Coding e cos ratos robot.
Canto aprendemos xogando coas Osmo. Explotamos burbullas con números para que un peixiño puidese chegar ao mar e tamén traballamos nunha pizzería facendo diversas pizzas e cobrando o seu custo.
Pasámolo moi ben!
Os koala decidiron fai un tempo que querían investigar sobre o universo e así comezamos a facelo. Estamos aprendendo moitísimas cousas sobre galaxias, estrelas, planetas, meteoritos...
Cada día xorden máis intereses e preguntas e seguiremos con elas ata final de curso.
Aquí tedes o noso recanto do proxecto
Tamén vos deixamos por aquí algunhas das actividades que levamos a cabo con materiais creados para a ocasión e achegas das familias.
E por último, unha actividade con Merge Cube de realidade aumentada coa que puideron coñecer e achegarse un pouquiño máis o noso sistema solar.
Que ben o pasamos e canto tivemos que pensar para resolver os algoritmos que nos plantexaba a actividade Compute it!
Seguimos aprendendo moito nos distintos recantos que temos na biblio. Canto nos gusta entrar na aula virtual e facer actividades das distintas materias, pero non nos gustan menos os retos de Scratch e os xogos coas Osmo. O Concept Kids tamén nos ten moi entretidos.
O alumnado de 2º estivo aprendendo sobre o fogar nas clases de inglés. Crearon unha casa e puxeron os nomes das distintas cousas que podemos atopar nunha imprimíndoos coa impresora 3D. Empregaron o programa Tinkercad para a elaboración e diseño.
Moi bo traballo rapaces!