As nenas e nenos de 5° e 6° primaria aprendemos unha morea de cousas coa placa Micro:Bit (poñer números, caras, medir luz, temperatura, conectar leds…).
Grazas unha vez máis Paola por ensinarnos tanto e tan ben!
As nenas e nenos de 5° e 6° primaria aprendemos unha morea de cousas coa placa Micro:Bit (poñer números, caras, medir luz, temperatura, conectar leds…).
Grazas unha vez máis Paola por ensinarnos tanto e tan ben!
Paola Guimeráns estivo no cole unha vez máis para ensinarlle ao alumnado cal é a súa profesión e traballar con eles o tema dos circuitos eléctricos.
Deseñaron un personaxe a partir dun led e uns ollos. Coseron o led, debuxaron o personaxe e logo crearon unha historia que contaron posteriormente aos demáis compañeiros e compañeiras.
Quedaron traballos moi fermosos.
Grazas Paola. Un pracer contar contigo!
As nenas e nenos de 4º de primaria elaboraron un cómic e, coas Makey Makey estamos aprendendo a programar para que en cada viñeta se reproduza a nosa voz.
Gústanos moito!
Os Canciños deseñaron en papel os diferentes camiños para que o robot (rato) atope o camiño á casa, para despois comprobalo no tapete co robot.
Pouco a pouco , paso a paso, así programan os maís peques.
O alumnado de 1º e 2º de primaria estivo traballando o corpo humano na materia de ciencias. Remataron poñendo un led simulando un corazón na silueta dun corpo humano e tamén xogaron cos ratos robot programando os seus movementos para levalo ata distintos códigos QR e así visualizar videos sobre o órgano correspondente.
Aprenderon moito e, sobre todo, pasáronno xenial.
O alumnado do 3º ciclo estivo deseñando na aplicación Tinkercad o seu nome nunha placa para, a continuación imprimilos e colocalos nos maletíns dos ordenadores E-Dixgal.
Quedáronlles moi ben.
O alumnado de 3º quería facer o nome do equipo de clase na impresora 3D. Primeiro tomaron as medidas da placa da impresora, para non facer o deseño moi grande. Logo, deseñaron en papel o nome do equipo, pasáronno á aplicación Doodle 3D e, por último, imprimiron e colocaron nas mesas.
Traballaron moito, pero o resultado foi moi satisfactorio.
O martes todo o alumnado do centro falou e traballou sobre o 25N no cole. Crearon, entre todas e todos un mural representando as ás da liberdade con plumas que pintaron e levaban unha palabra significativa.
Quedou moi fermoso.