domingo, 13 de marzo de 2011

Contador de visitas para os blogs

Na rede hai moitas opcións de contadores de visitas gratuitos. Nós imos darvos dúas opcións.

http://www.contadorgratis.es/
O primeiro é Contador gratis, que previa inscripción e elección de deseño, xenera un código que debedes inxertar no menú lateral do blog, onde dí :"engadir un gadget".Seleccionade o gadget de "Engadir código html" e pegade o código.

Outra opción é Webstats, un contador moito máis completo, con datos de procedencia das visitas, frecuencia, etc.
http://webstats.motigo.com/
De todos xeitos, blogger incorpora dende hai un tempo estatísticas, que permiten visualizar as visitas dun xeito sinxelo, dende o escritorio.
                                                      Isabel Vázquez Rosales
                                                      Belén Escaríz Ferrín

No hay comentarios: