Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto MUNDO TICAT@P. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto MUNDO TICAT@P. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de junio de 2021

MEMORY DIXITAL EN 1º E 2º DE PRIMARIA

 Nesta sesión, os nenos e nenas pintaron unhas cartas, recortáronnas e xogamos ao xogo do memory con elas. Puxémolas todas cara abaixo e tiñan que levantar unha, poñela na pantalla, capturar a imaxe, levantar outra carta, poñela na pantalla e capturar a imaxe. O programa nos dicía si eran iguais ou non.

Estivo moi entretido.




jueves, 3 de junio de 2021

ASISTENTE DE GOOGLE E CÓDIGOS QR EN 3º DE PRIMARIA

 Nesta sesión, os nenos e nenas investigaron a identidade dunha pintora famosa (Frida Kahlo) a través do asistente de Google. Unha vez obtidos os datos, escaneando un código QR visitaron o seu museo virtualmente. 

Foi moi entretida!




viernes, 28 de mayo de 2021

TRADUTOR E SCRATCH EN 1º E 2º DE PRIMARIA

 

Os nenos e nenas traballaron co tradutor de google para pasar ao castelán as persoaxes dun conto que aparecían escritas noutros idiomas. Logo diso, debuxaron co Scratch as persoaxes do conto na tablet e logo reproduciron dito conto cos seus debuxos.

Quedaron encantados!



PADLET EN 3º DE PRIMARIA

 Nesta sesión o alumnado aprendeu a clasificar cartas seguindo distintos criterios. Primeiro fixéronno na súa mesa e logo, escanearon o código QR para clasificar coa aplicación Padlet. Estivo xenial!




viernes, 14 de mayo de 2021

ASISTENTE DE GOOGLE E CÓDIGOS QR EN 1º E 2º DE PRIMARIA

 

Os nenos e nenas de 1º e 2º estivemos investigando sobre a identidade dunha pintora famosa nada en México e que foi unha gran defensora dos dereitos da muller. O asistente de Google axudounos na tarefa e logo de descubrir de quen se trataba (Frida Kahlo), escaneamos un código QR e visitamos o seu museo virtualmente.

Gustounos moito!



jueves, 13 de mayo de 2021

COSPACES E ASISTENTE DE GOOGLE EN 3º DE PRIMARIA

 Nesta sesión o alumnado investigou sobre a identidade dun animal misterioso obtendo pistas nun espazo virtual creado en Cospaces e consultando o asistente de Google para obter a súa imaxe. Estivo moi ben!




lunes, 10 de mayo de 2021

WHITE BOARD E QUICK DRAW EN 6º DE PRIMARIA

 

Demos un repaso ao tema da intelixencia artificial relacionando as ordes que damos a unha máquina para que faga algo e cómo ela interpreta as instrucións.
Primeiro fixémolo coa aplicación whiteboard, donde a mestra daba orden sinxelas para facer un debuxo e un debuxaba o que interpretaba e os demáis do grupo tiñan que adiviñar o obxecto debuxado.
A continuación fixemos o mesmo, pero a aplicación quick draw nos decía o obxecto, nos debuxabamos e a máquina tiña que adiviñar.
Estivo entretido!



PLACAS MAKEY MAKEY EN 3º DE PRIMARIA

 

Continuamos traballando coas placas makey makey. Nesta ocasión, quitando virus das nosas pantallas de ordenador para que non se infecten... Estivo moi ben!



jueves, 29 de abril de 2021

TOONTASTIC EN 4º DE PRIMARIA

O alumnado de 4º continúa co traballo de crear películas en 3D a través da aplicación Toontastic. Redactan a historia en papel e, unha vez feito isto, pasan ao formato dixital. Estalles quedando moi ben.


 

PLACAS MAKEY MAKEY EN 3º DE PRIMARIA

 Nesta sesión, o alumnado traballou coas placas Makey Makey facendo sons. Crearon un xilófono, conectáronno as placas e as tablets e, coas súas mans, fixeron soar o instrumento. Estivo xenial!




lunes, 19 de abril de 2021

TOONTASTIC EN 4º DE PRIMARIA

 Esta semana, dedicamos a sesión a traballar as partes das historias coa aplicación Toontastic.

Saíron cousiñas interesantes...




MERGE CUBE EN 3º DE PRIMARIA

 Entre todos e todas fomos narrando unha historia con protagonistas, antagonistas, obxectos, escenarios e persoaxes secundarios que nos ían dando os Merge Cube ao escanear os códigos QR.

Estivo moi entretida esta sesión!




COSPACES E ASISTENTE DE GOOGLE EN 1º E 2º DE PRIMARIA

 Nesta sesión, tivemos que buscar pistas sobre un animal descoñecido nun mundo virtual e, con esa información, preguntar ao asistente de google para adiviñar a súa identidade. Gustounos moito!



lunes, 12 de abril de 2021

PLACAS MAKEY MAKEY EN 1º E 2º DE PRIMARIA

 

Nesta sesión, o alumnado traballou coas placas Makey Makey nun xogo no que tiñan que quitar virus das súas pantallas de ordenador (os virus son algo malo para os dispositivos electrónicos).


DRAW YOUR GAME EN 4º DE PRIMARIA

 Retomamos esta actividade que tanto nos gusta. Facemos un videoxogo de plataforma nun folio e, coa aplicación Draw Your Game, pasámola a formato dixital e xogamos.


MERGE CUBE E MR. BODY PARA TRABALLAR O CORPO HUMANO EN 6º DE INFANTIL

HOXE, COMO PARTE DO NOSO PROXECTO SOBRE O CORPO HUMANO, UTILIZAMOS ESTE RECURSO TIC TAN CHULO QUE DEIXOU OS LEÓNS E LEOAS ABRAIADOS. GRAZAS A REALIDADE AUMENTADA E O MERGE CUBE PUIDEMOS OBSERVAR MÁIS DE CERCA ALGÚNS DOS NOSOS ÓRGANOS.

sábado, 3 de abril de 2021

METAVERSE EN 4º DE PRIMARIA

 O alumnado estivo aprendendo sobre dinosauros a través do escaneo do código QR dunhas tarxetas coa aplicación Metaverse, que lles permitía proxectar en 3D imaxes de distintos exemplares de dinosauro con información sobre os mesmos.


jueves, 1 de abril de 2021

MERGE CUBE EN 3º DE PRIMARIA

O alumnado creou un circuito pola biblioteca para logo percorrer atopando obstáculos que eles mesmos pintaron nun papel (cando atopan a carta decorada por algún compañeiro ou compañeira, teñen que lanzar o merge cube ao chan e enfocar coa tablet para que lles apareza o obstáculo en 3D) e superándoos con cartas con superpoderes que lles daba o xogo.

PLACAS MAKEY MAKEY EN 1º E 2º DE PRIMARIA


Nesta sesión, o alumnado traballou coas placas Makey Makey, creando un xilófono para posteriormente conectalo as placas e poder así crear música. Estivo xenial!


sábado, 13 de marzo de 2021

SPHERO MINI EN 5º DE PRIMARIA

 

Como nos gusta traballar coa Sphero Mini. Fixemos circuitos variados para aprender sobre o manexo e control do robot.