Mostrando entradas con la etiqueta Autonomía dixital. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Autonomía dixital. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de marzo de 2025

Impresión 3D na aula de 2º de primaria para conmemorar o Día da Poesía

Moi fermosas as flores que fixeron as nenas e nenos de 2º de primaria para agasallar, xunto cun poema, aos seus padriños e madriñas lectores no Día da Poesía.

Empregaron a aplicación Doodle 3D para diseñar, pasaron os diseños á impresora 3D e puxéronse a imprimir. Por último, metidas nun sobre, deron unha flor e un poema a cada padriño e madriña lector.





sábado, 13 de enero de 2024

Programamos con Scratch en 5° e 6° de primaria

 Nesta sesión, o alumnado programou o sistema de regadío da horta dun granxeiro para facilitarlle o seu día a día. Empregaron Scratch para facelo. Tivemos que pensar e reflexionar sobre os pasos a seguir, pero conseguimos que funcionara.



sábado, 4 de noviembre de 2023

Ratos robot na aula de 1° de primaria

 Como nos gusta aprender xogando cos ratos robot. Traballamos as sumas en mate e a asociación de palabras con imaxes en lingua empregando estes ratos tan simpáticos.


domingo, 24 de septiembre de 2023

Strip Design na aula de 3° de primaria

 Os nenos e nenas de 3° elaboraron as instrucións sobre cómo hai que traer a cabaza para o día do Samaín coa aplicación Strip Design nos Ipad. Engadiron a imaxe, adornaron e crearon os textos. Quedoulles moi fermosa! Verédelo cando se impriman para levalas ás casas.

viernes, 9 de junio de 2023

Placas Makey Makey para o proxecto "O mar" en 5º de primaria

 O alumnado de 5º estivo traballando moitísimo sobre a proposta que lle fixo a mascota da biblioteca Paco sobre o proxecto "O mar".

Investigaron sobre as illas que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Gravaron na radio distinta información sobre Ons, Sálvora, Cíes e Cortegada e, enlazaron esa información coas Makey Makey programando con Scratch nas maquetas que elaboraron.

Un inmenso traballo que deu un fermoso resultado.

Parabéns!







martes, 7 de febrero de 2023

E-Textiles na aula de 3º de E.P.

 Hoxe visitounos Paola Guimeráns e fixemos un obradoiro de E-Textiles. Puxemos un portabaterías coa súa batería nun retal de tea e unha luz Led no outro extremo e fixemos un circuito cosendo o portabaterías coa luz. 

A continuación creamos un persoaxe debuxando no retal con rotulador e contamos a súa historia aos demáis compañeiros e compañeiras.

Encantounos!

Grazas Paola por ensinarnos tantas cousas!

miércoles, 25 de enero de 2023

Placas Makey Makey na aula de 2º de primaria

 Na aula de 2º traballamos sobre o concepto de virus nos dispositivos electrónicos e no dano que ocasionan cando entran neles.

A continuación fixemos un xogo coas placas makey makey nas que tiñamos que quitar da pantalla do noso dispositivo todos os virus que o estaban contaminando.

Pasámolo xenial!



jueves, 22 de diciembre de 2022

Paint, Tux Paint, Canva e Typorama para felicitar o Nadal


 Que fermosas tarxetas fixeron os nenos e nenas de 1º e 2º coa aplicación Paint para desexarnos un Bo Nadal e unhas felices festas.


 Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria deséxanvos unhas felices festas con estas tarxetas elaboradas coa aplicación Paint.





 O alumnado de 5º elaborou unhas fermosas postais coa aplicación Tux Paint e o alumnado de 6º coa aplicación Canva. Todos e todas queren desexarvos un Bo Nadal.



sábado, 5 de noviembre de 2022

Chatter Kid Pix na aula de 1º de primaria

 Aquí deixamos un traballo feito polos nenos e nenas de 1º coa aplicación ChatterKid, na que sobre un debuxo feito por eles e coa súa cara pegada, gravaron a súa voz. 

Quedoulles moi fermoso!

miércoles, 11 de mayo de 2022

Escornabot en 2º de primaria

 Aprendemos a movernos pola táboa do 100 coñecendo veciños e amigos dos dintintos números aplicando o método ABN.




jueves, 31 de marzo de 2022

Pirámide holográfica e Scratch en 1º de primaria

 Na aula de 1º descubrimos o que é unha pirámide holográfica e cómo se utiliza. Proxectamos unha imaxe na pantalla (neste caso de Diodi) á que lle programamos movementos e puxemos disfraces a través da aplicación Scratch, para logo colocarlle a pirámide enriba e ver cómo a proxectaba en 3D no aire.

Encantounos!






miércoles, 23 de febrero de 2022

Microsoft Office Word en 2º de primaria

 Hoxe é o día de Rosalía e, na aula de 2º traballamos uns versos do seu poema "Las campanas" nos ordenadores. Aprendemos sobre o procesador de textos Microsoft Office Word, e gustounos moito tanto o poema como escribilo no ordenador!




lunes, 21 de febrero de 2022

TouchCast en 6º de primaria

 O alumnado de 6º quixo dedicar febreiro, o mes do amor, aos seus avós e avoas. Fermosísimo o que dixeron.

StopMotion en 5º de primaria

 

Para festexar o mes do amor, na aula de 5º fixemos unha árbore con palabras afectivas e variadas escritas en corazóns.

Fermosísimo!



miércoles, 2 de febrero de 2022

Códigos QR en 1º e 2º de Primaria

 Esta semana, o alumnado de 1º e 2º visitou virtualmente o Mueseo Carmen Thyssen, ubicado en Málaga, no que buscaron uns cadros que eles tiñan en papel pero sen cor, polo que puideron devolverlle a súa cor unha vez que viron como estaban pintados os do museo.



viernes, 21 de enero de 2022

SPHERO MINI EN 4º DE PRIMARIA

 Aprendemos sobre os conceptos CopyRight, Creative Commons con atribucións e Creative Commons non comercial xogando coas Sphero Mini.

Encantounos!




SPHERO MINI EN 6º DE PRIMARIA

 Cuns vasos de papel, aos que lles pegamos un rotulador e colocamos os robots na parte de dentro, fixemos unhas creacións moi chulas sobre un papel continuo.

Pasámolo moi ben!



jueves, 20 de enero de 2022

MERGE CUBE EN 4º DE PRIMARIA

 Canto aprendemos sobre o corpo humano e os seus principais órganos xogando cos Merge Cube!




miércoles, 19 de enero de 2022

TRADUTOR DE GOOGLE NA AULA DE 5º DE PRIMARIA

Nesta sesión, aprendemos a traducir palabras de distintos idiomas ao español coa aplicación tradutor de google.

Coloreamos os debuxos en función da cor da tarxeta que traducimos.

Estivo moi entretida.



jueves, 13 de enero de 2022

SPHERO MINI NA AULA DE 3º DE PRIMARIA

Nesta sesión, os nenos e nenas aprenderon sobre licencias e dereito de uso de imaxes nas redes. Usamos as Sphero Mini para traballar estes contidos. Gustoulles moito!