Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2022-2023. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2022-2023. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de junio de 2023

Placas Makey Makey para o proxecto "O mar" en 5º de primaria

 O alumnado de 5º estivo traballando moitísimo sobre a proposta que lle fixo a mascota da biblioteca Paco sobre o proxecto "O mar".

Investigaron sobre as illas que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Gravaron na radio distinta información sobre Ons, Sálvora, Cíes e Cortegada e, enlazaron esa información coas Makey Makey programando con Scratch nas maquetas que elaboraron.

Un inmenso traballo que deu un fermoso resultado.

Parabéns!







sábado, 20 de mayo de 2023

Aprendemos a crear códigos QR na aula de 5º de primaria

 

Na aula de 5º estivemos aprendendo a crear códigos QR, xa que na exposición que imos facer sobre o proxecto "O mar" temos pensado colocar ditos códigos para enlazar uns videos que fixemos coa aplicación Stop Motion.

Resultou ser máis doado do que pensabamos!






viernes, 12 de mayo de 2023

miércoles, 10 de mayo de 2023

Circuitos eléctricos con fío condutor en 3º de primaria

 Nas últimas sesións Tic, os nenos e nenas de 3º estivemos cosendo nun retal un led ao redor do cal debuxamos o personaxe do noso libro favorito o cal se iluminaba cando pechabamos o circuito cunha batería.

Resultou moi entretido e aprendemos moito sobre costura!

Mirade que cousas fermosas saíron...

viernes, 5 de mayo de 2023

Circuitos eléctricos en papel nas aulas de 1º e 2º de primaria

 

O alumnado de 1º e 2º estivemos traballando os circuitos eléctricos en papel con leds aproveitando o mes do libro.

Fixemos un circuito cun led, cobre e unha batería. A continuación debuxamos un personaxe ou algunha escena do noso libro favorito.

Quedaron moi chulos!


martes, 28 de marzo de 2023

Rato robot e Escornabot na clase de Ciencias en 3º de primaria

Que divertido aprender sobre os animais invertebrados xogando cos ratos robot e os Escornabots.

Fixemos unhas rimas na clase sobre cada animal, e logo, no xogo, un lía a rima e os demáis tiñan que levar o robot ata o animal que correspondía.

Pasámolo xenial!

domingo, 26 de marzo de 2023

Augmented Class na aula de 1º de primaria

Na aula de primeiro estivemos coloreando elementos relacionados cos vikingos, cargámolos na aplicación Augmented Class e, ao enfocalos coa tablet, pois fomos quen de velo en realidade aumentada! 







jueves, 23 de marzo de 2023

Placas Makey Makey en 5º de primaria

 Canto nos gustou argallar coas placas Makey Makey hoxe na aula de 5º. Tivemos que seleccionar 5 provincias no noso mapa de España e conectalas á placa con plastilina conductora e con cables cocodrilo a través de clips. Logo, programamos con Scratch na opción texto a fala o nome de cada provincia e fomos rotando polos mapas dos demáis compañeiros para ver o traballo que fixeron.

Estivo xenial!

viernes, 10 de marzo de 2023

Escornabot e rato robot e n 1º de primaria

 Que divertido traballar a linguaxe de programación e o pensamento computacional cos rato robot e os Escornabot.




Scratch en 5º e 6º de primaria

Nesta sesión, o alumnado estivo programando coa aplicación Scratch. Creamos escenarios, puxemos personaxes e estivemos descubrindo como podiamos facer para que os personaxes fixesen o que lle nós queriamos.
Aprendemos moito!

Escornabot, ratos robot e Osmo Coding na aula de 2º de primaria

 Na clase de 2º estamos a traballar a linguaxe de programación e o pensamento computacional empregando diverso material como son as Osmo Coding, os ratos robot e os Escornabots.

Moito nos gusta traballar con eles!

miércoles, 8 de marzo de 2023

Spectacular na aula de 1º de primaria

 Os nenos e nenas coñeceron a aplicación QuiverMask. Pintaron as súas máscaras, pegáronnas na pizarra e, ao enfocalas coa tableta e colocarse diante delas, a máscara aparecía nas súas cabezas!



Placas Makey Makey en 5º e 6º de primaria

As nenas e nenos de 5º e 6º crearon un circuito de mini-golf con obstáculos e unha meta. Programaron con Scratch os diferentes sons que producirían a meta e os obstáculos en caso de tocalos coa bola de xogo e, logo de conectar as placas makey makey, xogaron.

Foi moi entretido e divertido colaborar e traballar en equipo para conseguir que as placas funcionasen.



Sphero Mini e Osmo Coding na aula de 3º de primaria

 Na sesión desta semana, o alumnado traballou sobre os distintos tipos de licenzas que teñen as imaxes, os textos e os videos que aparecen pola rede coas Spero Mini. Tamén traballamos linguaxe de programación coas Osmo Coding.

Foi moi divertido!



Chatbot e códigos QR na aula de 2º de primaria

 O alumnado de 2º descubriu o funcionamento dun chatbot, xa que nos axudou a descubrir a identidade dunha artista moi coñecida. Logo de averiguar que se trataba de Frida Kahlo, visitamos o seu museo de xeito virtual, no que buscamos os cadros e prendas de roupa que tiñamos na ficha para devolverlles a súa cor.

Gustounos moito!



martes, 28 de febrero de 2023

Toontastic na aula de 4º de primaria

 Os nenos e nenas de 4º creamos un Toontastic que recolle as conclusións as que chegamos logo de buscar información sobre o Día Escolar da Paz en diversas páxinas web.

Mirade que fermosos quedaron.









lunes, 27 de febrero de 2023

Padlet na aula de 2º de primaria

 Que divertido foi aprender a clasificar as distintas cartas de extreterrestres na aplicación Padlet seguindo criterios como forma, complementos, extremidades...




Funcionamento dunha intelixencia artificial en 5º e 6º de primaria

 Nestas últimas sesións, o alumnado aprendeu sobre o funcionamento dunha intelixencia artificial que identifica debuxos. Descargaron imaxes de mazás e gatos e gardáronnas en carpetas tendo en conta os permisos e licenzas. A continuación subiron esas imaxes á aplicación Teachable Machine. O paso seguinte foi debuxar coa aplicación Kleki gatos e mazás, descargalos e subilos a aplicación Teachable Machine para que lles amosara a porcentaxe que identificaba como gato e como mazá, según as liñas debuxadas.

 Estivo moi entretida e gustounos moito!




jueves, 16 de febrero de 2023

Placas Microbit programadas con MakeCode en 5º e 6º de primaria

 Un pracer contar con Paola Guimeráns para ensinarnos como funcionan os circuitos eléctricos e a placa Microbit.

Creamos proxectos na aplicación MakeCode que a continuación exportabamos a placa Microbit e así, viamos como se iluminaban os Led e sonaban as músicas programadas.

Grazas unha vez máis Paola!

Placas Makey Makey programadas con Scratch en 4º de primaria

 

Como nos gusta todo o que aprendemos no obradoiro con Paola Guimeráns! Traballamos coas placas Makey Makey.

Eliximos un fondo, puxemos un par de personaxes e programamos voz e movemento aos mesmos empregando as teclas do ordenador. A continuación fixemos un cómic no que escribimos un diálogo, conectamos as placas Makey Makey aos bocadillos dos cómic pintandos con lápis conductor e, ao tocar a toma terra cunha man e pechar o circuito coa outra nas distintas pinzas conectadas, escoitabamos a historia que escrita.

Encantounos!