domingo, 13 de marzo de 2011

Crear un blog en blogger

FACER UN BLOGUE
Hai variados servidores para facer un blogue.Nós imos utilizar Blogger, porque é gratuíto, ofrece moitas posibilidades, é fácil de manexar e a maioría dos blogues das bibliotecas escolares galegas están neste servidor.
Podemos entrar en blogger:
http://www.blogger.com/
ou facelo a través do noso.
Entramos no da nosa biblioteca: http://bibliotecadocole.blogspot.com/
Arriba a dereita pon Crear blog.
Picamos en crear blog, e xa nos dí que imos facelo en tres pasos:
1º Crear unha conta.
Para empezar, debemos crear unha conta en google,
-Abrimos un correo electrónico.
2º Asignar un nome e dirección ao noso blog.
Poñemos o nome.Este nome poderemos cambialo máis adiante, se non nos gusta. Non sucede así co correo, nin co enderezo do blogue, que será a que escollamos.
-Escollemos o enderezo. Vainos dicir si está dispoñible.Si non é así, probamos con outro.
-Continuar
3ºElixir un modelo.
Escollemos un modelo.
-Continuar
Xa temos un blogue,Imos publicar
Direccións de interés:
http://biblioblogs.googlepages.com/home
http://wikibesgal.wikiespaces.com/
                                                                  Isabel Vázquez Rosales
                                                                  Belén Escaríz Ferrín

No hay comentarios: