O alumnado estivo aprendendo sobre dinosauros a través do escaneo do código QR dunhas tarxetas coa aplicación Metaverse, que lles permitía proxectar en 3D imaxes de distintos exemplares de dinosauro con información sobre os mesmos.
Mostrando entradas con la etiqueta CÓDIGOS QR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CÓDIGOS QR. Mostrar todas las entradas
sábado, 3 de abril de 2021
miércoles, 26 de febrero de 2020
THING TRANSLATOR E CÓDIGOS QR NO COLE
Nesta sesión, o alumnado tivo que identificar unha serie de obxectos e relacionalos co idioma no que estaban escritos na ficha que cubrían.
Para acceder a aplicación THING TRANSLATOR, tiveron que escanear un código QR e, mediante o enfoque coas tablets nas tarxetas pegadas por distintos lugares da biblioteca, buscaban o nome do mesmo en distintos idiomas, ata dar co correcto.
Gustoulles moito!!!
sábado, 21 de diciembre de 2019
PLACAS MAKEY MAKEY EN PRIMARIA
Esta semana, aprendemos a utilizar as PLACAS MAKEY MAKEY. Pintamos un labirinto con lápices 4B, conectamos os cables no sitio correspondente e, a xogar! Tiñamos que indicar a un compañeiro ou compañeira o camiño a seguir para saír do labirinto sen tocar as paredes pintadas de lapis, para que non nos pitara a placa (conectada a tablet, coa aplicación de escanear códigos QR, que daba acceso a un Scratch que nos daba os distintos sons da placa).
Estivo xenial!
jueves, 12 de diciembre de 2019
HOLOGRAMAS, PICPLAYPOST, CÓDIGOS QR E PHOTO GRID EN PRIMARIA
A sesión estivo dedicada á reprodución de hologramas. Tiveron que conseguir resolver unha serie de probas para obter a clave e abrir o kit de realidade aumentada e videoxogos e extraer del a pirámide holográfica para poder ver a imaxe en tres dimensións proxectada no aire.
Encantoulles!
lunes, 9 de diciembre de 2019
COSPACES E CÓDIGOS QR NAS AULAS DE 3º A 6º DE PRIMARIA
Esta sesión estivo destinada a concienciar ao alumnado sobre a importancia do control sobre o que publican nas redes sociais. Convertémonos en detectives e navegamos sobre un espazo virtual coa aplicación COSPACES e averiguamos moitos datos sobre unha persoa ficticia consultando únicamente as súas redes sociais.
martes, 10 de abril de 2018
CÓDIGOS QR NA AULA DE 4º DE PRIMARIA
APRENDEMOS A FACER CÓDIGOS QR!
viernes, 26 de mayo de 2017
CÓDIGO QR PARA ACCEDER AOS TITORIAIS SOBRE A APLICACIÓN AURASMA
A TRAVÉS DO SEGUINTE CÓDIGO QR, PODEMOS ACCEDER A TODA INFORMACIÓN SOBRE COMO DESCARGAR, INSTALAR E UTILIZAR A APLICACIÓN AURASMA PARA VISITAR A EXPOSICIÓN SOBRE CARLOS CASARES, AUTOR AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017.
viernes, 13 de enero de 2017
CÓDIGOS QR NA FLORA DO COLE
Xa temos aquí os códigos QR para poñer a carón da variada vexetación que estivemos estudando na aula de 5º curso para o traballo sobre a flora do noso cole.
En breve xa estarán colocados para que poidades visitar o noso xardín e saber sobre as nosas plantas.
Non esquezades que necesitades unha aplicación, das moitas que hai, descargada nos vosos dispositivos móbiles para ver dita información.
Etiquetas:
5º primaria,
CÓDIGOS QR,
Curso 2016-2017,
Proxecto MUNDO TICAT@P,
Proxecto TIC@TAC
viernes, 25 de noviembre de 2016
XERADOR DE CÓDIGOS QR EN 5º CURSO
O alumnado de 5º curso, despois da investigación e elaboración de fichas correspondente, estivo xerando os códigos QR, coa aplicación correspondente, para poñer nas planchas que se van colocar nas distintas plantas do cole.
Foi algo que lles gustou moito!!!!
Etiquetas:
5º primaria,
CÓDIGOS QR,
Curso 2016-2017,
Proxecto MUNDO TICAT@P,
Proxecto TIC@TAC,
Voz Natura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















