Mostrando entradas con la etiqueta DigiCraft 2019-2020. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DigiCraft 2019-2020. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de marzo de 2020

GOOGLE MAPS, ASISTENTE E TRADUCTOR DE GOOGLE DE 3º A 6º DE PRIMARIA


O alumnado traballou coas distintas ferramentas de Google. Tiveron que facer captura de pantalla da información que lles daba o mapa a través de distintas ubicacións, traducir esa información (viña en distintos idiomas) e adiviñar o nome da persoa misteriosa a través de preguntas feitas ao asistente de Google.
Estivo xenial!!!



miércoles, 26 de febrero de 2020

THING TRANSLATOR E CÓDIGOS QR NO COLE


Nesta sesión, o alumnado tivo que identificar unha serie de obxectos e relacionalos co idioma no que estaban escritos na ficha que cubrían.
Para acceder a aplicación THING TRANSLATOR, tiveron que escanear un código QR e, mediante o enfoque coas tablets nas tarxetas pegadas por distintos lugares da biblioteca, buscaban o nome do mesmo en distintos idiomas, ata dar co correcto.
Gustoulles moito!!!



domingo, 9 de febrero de 2020

MÁIS MERGE CUBE NAS AULAS DE 3º A 6º DE PRIMARIA

O proxecto DigiCraft no teu cole consta de dous itinerarios. O primeiro traballa a realidade aumentada e os videoxogos. Esta sesión foi a última deste primeiro itinerario que, en resumo, foi un éxito.
O segundo itinerario, que comezaremos nas vindeiras semanas, traballará a intelixencia artificial e a robótica.






viernes, 31 de enero de 2020

MERGE CUBE NAS AULAS DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA


Aprendemos a traballar cos MERGE Cube. Tivemos que descubrir as respostas a un cuestionario empregando as aplicacións Mr. Body e Explorer. Unha vez feito isto, a aplicación permitiunos xogar cuns minixogos empregando o cubo.
Estivo xenial!!



viernes, 17 de enero de 2020

ESPAZOS EN REALIDADE VIRTUAL DE 3º A 6º DE PRIMARIA

Nesta ocasión, cada parella agochou un obxecto no seu espazo virtual e logo de cambiar as tabletas entre eles, o xogo consistiu en atopar os obxectos agochados.





jueves, 16 de enero de 2020

CREAMOS UN ESPAZO EN REALIDADE VIRTUAL


O alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria crearon un espazo persoal en realidade virtual empregando a aplicación COSPACES, que inclúe escenarios e diversos obxectos.
O alumnado rexistrouse cunha conta como estudantes e, a partir dese momento, comezaron a crear os seus espazos virtuais...




sábado, 21 de diciembre de 2019

PLACAS MAKEY MAKEY EN PRIMARIA

Esta semana, aprendemos a utilizar as PLACAS MAKEY MAKEY. Pintamos un labirinto con lápices 4B, conectamos os cables no sitio correspondente e, a xogar! Tiñamos que indicar a un compañeiro ou compañeira o camiño a seguir para saír do labirinto sen tocar as paredes pintadas de lapis, para que non nos pitara a placa (conectada a tablet, coa aplicación de escanear códigos QR, que daba acceso a un Scratch que nos daba os distintos sons da placa). 
Estivo xenial!










jueves, 12 de diciembre de 2019

HOLOGRAMAS, PICPLAYPOST, CÓDIGOS QR E PHOTO GRID EN PRIMARIA


A sesión estivo dedicada á reprodución de hologramas. Tiveron que conseguir resolver unha serie de probas para obter a clave e abrir o kit de realidade aumentada e videoxogos e extraer del a pirámide holográfica para poder ver a imaxe en tres dimensións proxectada no aire.
Encantoulles!






















lunes, 9 de diciembre de 2019

COSPACES E CÓDIGOS QR NAS AULAS DE 3º A 6º DE PRIMARIA


Esta sesión  estivo destinada a concienciar ao alumnado sobre a importancia do control sobre o que publican nas redes sociais. Convertémonos en detectives e navegamos sobre un espazo virtual coa aplicación COSPACES e averiguamos moitos datos sobre unha persoa ficticia consultando únicamente as súas redes sociais.










lunes, 2 de diciembre de 2019

TOONTASTIC NA AULA DE 5º DE PRIMARIA

Na sesión que traballamos a animación en 3D, dentro do Proxecto DigiCraft no teu cole, saíron algunhas creacións interesantes como estas.







viernes, 8 de noviembre de 2019

APRENDEMOS SOBRE BÚSQUEDAS EN INTERNET NAS AULAS DE 3º A 6º DE PRIMARIA

Esta semana tocounos aprender sobre buscas en internet (coñecer distintos tipos de buscadores -Duck Duck Go, Bing, Ecosia, Google, uso de palabras clave, evitar artigos e preposicións, indiferencia entre o uso de maiúsculas e minúsculas...) empregando un xogo coas letras do abecedario que o alumnado creou na aula. Que ben o pasamos!








martes, 29 de octubre de 2019

WAFTY NAS AULAS DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA




Como moitos xa sabedes, o noso cole foi seleccionado para participar no proxecto DigiCraft no teu cole (coa colaboración da fundación Vodafone España, a Consellería de Educación e o AMTEGA), que ten como obxectivo principal traballar a mellora da competencia dixital e a creatividade no alumnado.
Está dirixido ao alumnado de 3º a 6º de primaria e traballaremos durante todo o curso a unha sesión semanal con cada grupo.
Aquí deixamos unhas fotos da primeira actividade (realidade aumentada coa aplicación WAFTY) que lles encantou!