Na clase de 2º estivemos investigando sobre unha planta invasora: "O plumeiro da Pampa".
As familias aportáronnos moita información e imaxes e aquí vos deixamos esta presentación feita por eles, así como tamén un stop motion creando un mural coa información escrita por eles nas imaxes coa aplicación MOLDIV.
Agardamos que vos guste.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración.
Dentro do Proxecto DigiCraft no teu cole no referente aos dereitos de autor, o alumnado elaborou diversos Stop Motion coa temática do Ciberbullying. Aquí deixamos algún a modo de exemplo.
Onte celebramos o Día Mundial para a eliminación da violencia contra as mulleres no cole. Falamos moito do tema nas aulas e elaboramos, entre todo o alumnado do cole un mural, o cal fomos decorando con diversas cores e bolboretas.
Aquí deixamos os StopMotion que fixeron os nenos e nenas de 6º de primaria cos versos que foron vendo todas as mañás na pizarra ao entrar no cole durante o mes da poesía.