martes, 7 de febrero de 2023

Circuito de papel con Led en 1º e 2º de E.P.

 Hoxe tivemos un día moi especial. Visitounos Paola Guimeráns e ensinounos a facer circuitos con luces Led en papel.

Na aula de 2º creamos un persoaxe ao que se lle acendía o nariz e eles tiñan que inventar unha historia contando o motivo polo que o nariz alumeaba e debuxarlle un amigo ou amiga.

 


Na aula de 1º pintamos e recortamos unha casiña e logo creamos un circuito eléctrico para que se iluninase por dentro cando a pegamos no papel.


Grazas Paola por ensinarnos tanto!

No hay comentarios: