jueves, 8 de noviembre de 2018

PRIMEIROS PASOS CO ESCORNABOT

Logo do proceso e do éxito da montaxe dos escornabots que temos no cole, fixemos unha primeira toma de contacto tanto o alumnado de 3º como de 5º de primaria.
O obxectivo foi coñecer a programación do robot e saber o funcionamento de cada botón do mesmo.
Traballamos os contidos de manexo dos distintos botóns da botoeira, aprendizaxe dos desprazamentos que se producen cada vez que pulsamos un botón, encendido e apagado do robot, agarre correcto do robot, etc.
A temporalización foi dunha sesión de 50 minutos.
Para conseguilo, puxemos unhas plantillas en branco nas mesas cuns cubos de cores aos que o alumnado tiña que chegar programando o robot nunha soa maniobra.
A avalicación foi moi positiva, foi un éxito!!!!


 

No hay comentarios: