viernes, 5 de abril de 2019

CHATTERKID NA AULA DE 4º DE INFANTIL


Na clase das tartarugas apareceu unha máquina moi rara! Estamos alucinados! É unha máquina do tempo! A máquina do tempo ten moitos botóns e tamén unha foto moi especial.
Na foto saen as pirámides! Investigamos que eran e descubrimos que a máquina do tempo nos levou a Exipto. Gustounos viaxar a outro lugar! Exipto mola moito!
Agora investigamos sobre faraóns. Os faraóns son os reis de Exipto e por iso fixemos estes debuxos.
Verdade que estamos guapas de faraonas?

No hay comentarios: