
Os nenos e nenas de 6º de Primaria están traballando este curso nun blogue.
Queremos que aprendan a facer entradas, engadir enlaces, facer comentarios,...pero tamén temos a intención de utilizalo como instrumento de traballo para plantexarlle problemas e traballos,e facelos reflexionar sobre o mundo que nos rodea.
Traballamos na aula de Informática do noso cole, coa pizarra dixital, que resulta unha ferramenta moi atractiva.
Xa vos presentaremos o blogue, cando teñamos completado o seu diseño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario