martes, 20 de enero de 2026

Robótica en 6º de infantil

 Os Canciños deseñaron en papel os diferentes camiños para que o  robot (rato) atope o camiño á casa, para despois comprobalo no tapete co robot.

Pouco a pouco , paso a paso, así programan os maís peques.



 


martes, 30 de diciembre de 2025

Circuitos eléctricos e linguaxe de programación en 1º e 2º de primaria

 O alumnado de 1º e 2º de primaria estivo traballando o corpo humano na materia de ciencias. Remataron poñendo un led simulando un corazón na silueta dun corpo humano e tamén xogaron cos ratos robot programando os seus movementos para levalo ata distintos códigos QR e así visualizar videos sobre o órgano correspondente.

Aprenderon moito e, sobre todo, pasáronno xenial.

martes, 16 de diciembre de 2025

Impresión 3D en 5º e 6º de primaria

 O alumnado do 3º ciclo estivo deseñando na aplicación Tinkercad o seu nome nunha placa para, a continuación imprimilos e colocalos nos maletíns dos ordenadores  E-Dixgal.

Quedáronlles moi ben.



Impresión 3D en 3º de primaria

 O alumnado de 3º quería facer o nome do equipo de clase na impresora 3D. Primeiro tomaron as medidas da placa da impresora, para non facer o deseño moi grande. Logo, deseñaron en papel o nome do equipo, pasáronno á aplicación Doodle 3D e, por último, imprimiron e colocaron nas mesas.

Traballaron moito, pero o resultado foi moi satisfactorio.

lunes, 1 de diciembre de 2025

Stop Motion para conmemorar o 25N

O martes todo o alumnado do centro falou e traballou sobre o 25N no cole. Crearon, entre todas e todos un mural representando as ás da liberdade con plumas que pintaron e levaban unha palabra significativa.

Quedou moi fermoso.

 

miércoles, 29 de octubre de 2025

Croma, Chatter Kid, e Imovie para presentarnos.

 O alumnado desde 1º ata 6º de primaria, prepararon unhas presentacións sobre eles nas que empregaron distintas aplicacións, desde o Chatter Kid en 1º e 2º, o Imovie en 3º e 4º e o Croma en 5º e 6º.

Quedaron moi ben!



lunes, 27 de octubre de 2025

Merge Cube para traballar o sistema solar na aula de 3º de primaria

 O alumnado de terceiro estivo investigando curiosidades sobre o sistema solar empregando os Merge Cube.

Fixeron unhas anotacións  moi interesantes sobre o que descubriron.





viernes, 20 de junio de 2025

Impresión 3D na aula de 1º de primaria

 A clase de primeiro quixemos agradecer a profe Kathy o traballo que realizou na olimpiada. Deseñamos en papel unha medalla para a que tivemos que tomar diferentes medidas e cálculos. De todos os deseños, botamos cal nos gustaba máis para levar á impresora 3D. Deseñamos o modelo, imprimímolo, pintámolo e puxémoslle unha cinta para regalarlla a Kathy.

Quedou encantada!