Mostrando entradas con la etiqueta Escornabot 2018-2019. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escornabot 2018-2019. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de mayo de 2019

ESCORNABOT NA AULA DE 1°

Na clase de 1º a nai de Aixa contounos un conto titulado "A noite das mudanzas".
 Posteriormente preparounos unhas actividades sobre o conto co ESCORNABOT.
Pasámolo moi ben!!!

 

domingo, 24 de febrero de 2019

ESCORNABOT, TYPORAMA E PICPLAYPOST EN 2º DE PRIMARIA

Na aula de 2° curso estivemos repasando os principais ósos do corpo humano co Escornabot. Plantexamos as preguntas, o equipo resolve e un dele da as ordes ao robot para levalo á resposta correcta.
Traballamos a competencia dixital, a competencia social e cívica, a competencia oral e a competencia matemática.
O obxectivo fundamental foi traballar os ósos do corpo humano.
Os corridos traballados foron as partes do corpo, no es dos ósos principais, traballo cooperativo...
O resultado foi moi positivo. A continuación deixamos un resumo.




viernes, 8 de febrero de 2019

ESCORNABOT NA AULA DE 3º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 3º de primaria usaron o Escornabot para aprender sobre adiviñas do outono. Traballaron a orientación espacial, a oralidade, a lectura, o respeto polas normas de xogo, etc.


viernes, 1 de febrero de 2019

ESCORNABOT EN 4º DE INFANTIL

O ESCORNABOT CHEGOU Á CLASE DAS TARTARUGAS O PASADO XOVES

NESTE PRIMEIRO CONTACTO O OBXETIVO PRINCIPAL ERA FAMILIARIZARSE CO ROBOT ES OS SEUS MOVEMENTOS: ADIANTE, ATRÁS E XIRO. GRAZAS A ESTAS ACTIVIDADES TAMÉN TRABALLAMOS ASPECTOS COMO O CONTEO E A ORIENTACIÓN ESPACIAL E AXUDAMOS A DESENVOLVER COMPETENCIAS COMO A COMPETENCIA MATEMÁTICA E DIXITAL.

PRIMERIO PRESENTAMOS O ESCORNABOT EN GRAN GRUPO E DESPOIS, INDIVIDUALMENTE E EN PARELLAS, FORON PASANDO TODOS OS NENOS E AS NENAS A GUIAR  ESTE PEQUENO ROBOT. OS RESULTADOS FORON ESTUPENDOS XA QUE TODOS LOGRARON OS OBXECTIVOS E DESENVOLVÉRONSE XENIAL NAS ACTIVIDADES.



 

martes, 29 de enero de 2019

viernes, 7 de diciembre de 2018

MODIFICAR O DESPRAZAMENTO E XIRO DO ESCORNABOT

Aquí deixamos un video caseiro no que explicamos os pasos a seguir para modificar o avance e xiro do escornabot. Por defecto, os nosos escornabots están programados para avanzar 10 cm e xirar 90 graos.


 

BIBLIOTECA DE MOVEMENTOS CO ESCORNABOT

Ademáis de cambiar o desprazamento e o xiro, podemos crear un programa de movemento para que o execute o escornabot empregando a biblioteca de movementos de Arduino.
Aquí deixamos un video dos pasos a seguir.


jueves, 29 de noviembre de 2018

ESCORNABOT NAS AULAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º curso aprenderon adiviñas relacionadas co outono e, aproveitando os escornabots, fixemos un xogo coas mesmas. Dividimos a clase en 4 equipos e, cada dous equipos un taboleiro no que aparecía as solucións ás adiviñas que cada equipo tiña en tarxetas que utilizaban para preguntar aos contrarios. Se acertaban a resposta levando o robot ao sitio correcto, conseguían un Pacopunto. Pasámolo moi ben!!!

Aquí podedes ver as dúas plantillas, as adiviñas, e a explicación detallada do xogo (facendo clik nas palabras plantillas, dúas, adiviñas e explicación).

Tamén deixamos a imaxe do Pacopunto e un video resumo de como fixemos a actividade.





miércoles, 28 de noviembre de 2018

ESCORNABOT EN 6º DE INFANTIL

OS CANCIÑOS TIVERON ESTES DÍAS A SÚA PRIMEIRA EXPERIENCIA CO ESCORNABOT. O PRIMEIRO DÍA TRABALLAMOS NUNHA SESIÓN CO ROBOT CUNHA SOA PLANTILLA E NA SEGUNDA SESIÓN O COMPLICAMOS MÁIS E XA UTILIZAMOS DÚAS.

NESTE PRIMEIRO CONTACTO O IMPORTANTE É FAMILIARIZARSE CO ROBOT, COMPRENDENDO OS SEUS MOVEMENTOS : ADINATE E XIRO

TRABALLAMOS NAS DÚAS SESIÓNS TODOS XUNTOS PARA IR APRENDENDO MELLOR A MECÁNICA DO XOGO.


O NOSO OBXETIVO ERA RECOÑECER AS DIFERENTES RAZAS DOS CANS, XA QUE ESTAMOS INVESTIGANDO SOBRE ELES, E ASÍ O TRABALLAMOS DUN XEITO MÁIS MOTIVADOR PARA ELES.

POUCO A POUCO, ELES VAN RECOÑECENDO OS LOGROS E OS ERROS QUE NOS IMOS ATOPANDO PARA IR AVANZANDO NESTA NOVA APRENDIZAXE.













sábado, 24 de noviembre de 2018

ESCORNABOT EN 5º DE PRIMARIA

A partir do libro de Pepe Carreiro, Os bolechas van a Moaña, fixemos no cole unha actividade co escornabot para ampliar os coñecementos do alumnado de 5º curso sobre o concello no que viven.
Os obxectivos que pretendemos conseguir con este traballo son o de coñecer o lugar no que viven, identificar os monumentos e construcións máis importantes do seu entorno, valorar positivamente o cuidado e conservación do patrimonio cultural de Moaña, etc.
As competencias traballadas foron a dixital, a de aprender a aprender, a social e cívica, a lingüística e a conciencia e expresión cultural.
Traballamos contidos como o coñecemento das igrexas e capelas de Moaña, identificación dos distintos ríos, diferenciación das praias pola actividade que se desenvolve nas mesmas, etc.
Para conseguir todo isto, dividimos aos 18 nenos e nenas en 4 grupos. Fixemos a actividade por duplicado, de tal xeito que traballaban ao mesmo tempo os 4 grupos con 2 escornabots cada grupo durante unha sesión de 50 minutos. Montamos as plantillas en dúas mesas, nas que se colocaban os grupos.
Empregamos unha plantilla de escornabot coas imaxes das respostas que se fan un grupo a outro a través dunhas tarxetas que conteñen preguntas sobre Moaña, o seu patrimonio, a súa cultura...
Cando un equipo acerta a pregunta, obtén un PACOPUNTO como premio. Gaña o equipo que máis Pacopuntos consegue.
Temos que dicir que a avaliación a este traballo foi moi positiva, xa que aprenderon sobre o lugar no que viven, solucionaron conflictos en grupo, resolveron cívicamente as distintas preguntas plantexadas...
Parabéns!!!

Facendo clik na opción de plantillas e preguntas, poderedes ver as plantillas de resposta e tamén as tarxetas de preguntas.

PLANTILLAS E PREGUNTAS


Este é o Pacopunto.



Deixamos un video amosando o éxito da actividade.



lunes, 19 de noviembre de 2018

ESCORNABOT PARA TRABALLAR AS MATEMÁTICAS EN 5º DE INFANTIL

OS NENOS E NENAS DE 5º DE INFANTIL TEÑEN A PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO CO ESCORNABOT NUNHA SESIÓN DESPOIS DO PATIO.

O OBXECTIVO PRINCIPAL ERA FAMILIARIZARSE CO ROBOT, COMPRENDENDO OS SEUS MOVEMENTOS POUCO A POUCO PARA CONSEGUIR ANTICIPAR VARIOS MOVEMENTOS A VEZ: 2 ADINATE, XIRO, 1 PARA DIANTE (POR EXEMPLO).

 ADEMAIS TRABALLAMOS O CONTEO ATA 6 UTILIZANDO COMO ELEMENTO MOTIVADOR E SIGNIFICATIVO O DADO, PARA A POSTERIOR ASOCIACIÓN DAS CARAS DO DADO COA PLANTILLA DADA TRABALLANDO A COMPETENCIA MATEMÁTICA ADEMAIS CLARAMENTE DA COMPETENCIA DIXITAL.

NESTA PRIMEIRA VEZ XOGAMOS TODOS XUNTOS, EN GRAN GRUPO, PARA ENTENDER A DINÁMICA DOS MOVEMENTOS, SAÍNDO DE FORMA INDIVIDUAL E EN PARELLAS.

AS CARAS DAS FOTOS XA DIN TODO.




OS PRIMEIROS PASOS PARA APRENDER A DIRIXILO

viernes, 16 de noviembre de 2018

ESCORNABOT NA AULA DE 5º DE INFANTIL

Na clase de 5º de Infantil xa tiveron a segunda sesión co escornabot.

Esta vez na plantilla tiñan os debuxos dos dinosauros que están a traballar (os dinosauros dos equipos da aula e a mascota da clase ).
O obxectivo era mellorar o manexo do escornabot facendo os camiños correctos para chegar ao dinosauro elixido, e pola outra banda identificar os dinosauros sobre os que etán recollendo información.

Esta vez complícase un pouco máis a tarefa, xa que a norma é que non poden pisar os demáis dinosauros, non os poden aplastar, polo que teñen que buscar o camiño correcto.

 


 


 O nivel de dificultade tamén cambia, sendo o primeiro un panel en A3 e logo dous xuntos, tendo así que contar máis casillas e facendo un percorrido maior.
Noutra actividade seguen traballando diferentes competencias, neste xogo cada un decide a que dinosauro quere chegar e dá as instrucións ao robot.





 Eles mesmos fan autoavaliación ao comprobar se o scornabot chega ou non ao dinosauro desexado.
O exercicio de atención e autocontrol é importante, todos seguen a actividade, agardando impacientes a súa quenda.



martes, 13 de noviembre de 2018

ESCORNABOT NA AULA DE 5º DE PRIMARIA

O alumnado de 5º curso estivo traballando durante un par de sesións sobre os deportes e as pelotas que se utilizan en cada deporte.
O obxectivo que pretendemos conseguir con isto é asociar e identificar cada deporte co implemento utilizado para poder practicalo. Para conseguilo, estivemos traballando contidos, como o coñecemento da normativa básica de ditos deportes, o xogo e o deporte como fenómenos sociais e culturais e a utilización e integración de medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe para obter a información.
Os materiais que empregamos para a realización da actividade foron as plantillas A3 coas imaxes  das pelotas e o escornabot. Dividímonos en grupos e un grupo daba pistas ao outro e estes tiñan que adiviñar a pelota utilizada e o nome do deporte.
Estivo moi entretida e foi moi positiva!!!!! 










jueves, 8 de noviembre de 2018

PRIMEIROS PASOS CO ESCORNABOT

Logo do proceso e do éxito da montaxe dos escornabots que temos no cole, fixemos unha primeira toma de contacto tanto o alumnado de 3º como de 5º de primaria.
O obxectivo foi coñecer a programación do robot e saber o funcionamento de cada botón do mesmo.
Traballamos os contidos de manexo dos distintos botóns da botoeira, aprendizaxe dos desprazamentos que se producen cada vez que pulsamos un botón, encendido e apagado do robot, agarre correcto do robot, etc.
A temporalización foi dunha sesión de 50 minutos.
Para conseguilo, puxemos unhas plantillas en branco nas mesas cuns cubos de cores aos que o alumnado tiña que chegar programando o robot nunha soa maniobra.
A avalicación foi moi positiva, foi un éxito!!!!