martes, 30 de diciembre de 2025

Circuitos eléctricos e linguaxe de programación en 1º e 2º de primaria

 O alumnado de 1º e 2º de primaria estivo traballando o corpo humano na materia de ciencias. Remataron poñendo un led simulando un corazón na silueta dun corpo humano e tamén xogaron cos ratos robot programando os seus movementos para levalo ata distintos códigos QR e así visualizar videos sobre o órgano correspondente.

Aprenderon moito e, sobre todo, pasáronno xenial.

No hay comentarios: