viernes, 9 de junio de 2023

Placas Makey Makey para o proxecto "O mar" en 5º de primaria

 O alumnado de 5º estivo traballando moitísimo sobre a proposta que lle fixo a mascota da biblioteca Paco sobre o proxecto "O mar".

Investigaron sobre as illas que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Gravaron na radio distinta información sobre Ons, Sálvora, Cíes e Cortegada e, enlazaron esa información coas Makey Makey programando con Scratch nas maquetas que elaboraron.

Un inmenso traballo que deu un fermoso resultado.

Parabéns!







No hay comentarios: