Nestas últimas sesións, o alumnado aprendeu sobre o funcionamento dunha intelixencia artificial que identifica debuxos. Descargaron imaxes de mazás e gatos e gardáronnas en carpetas tendo en conta os permisos e licenzas. A continuación subiron esas imaxes á aplicación Teachable Machine. O paso seguinte foi debuxar coa aplicación Kleki gatos e mazás, descargalos e subilos a aplicación Teachable Machine para que lles amosara a porcentaxe que identificaba como gato e como mazá, según as liñas debuxadas.
Estivo moi entretida e gustounos moito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario