domingo, 3 de abril de 2011

Subir un documento pdf á rede

Unha ferramenta moi interesante é Issuu Serve para subir documentos en formato pdf. Pode ser un conto, unha guía de lectura, a letra dunha canción,etc.
Faise así:
Primeiro inscribímonos (sing up). Unha vez inscritos, subimos asi:
Na páxina de issu, nunha banda azul,  pon “Upload document” .
Preme enriba dela e ábrese unha ventá, Cubre os datos: .

Browse é para buscar o documento que queres subir.
Title: O título.

Tags: Aquí tes que poñer un par de etiquetas, separadas con comas. Ex: educación, guía de lectura

Description: Unha breve descrición do texto
Upload: Tes que premer para convertir o documento nun "Issuu".
Despois poñemos o cursor enriba do documento e xa aparece a opción "Embed"que nos da un código HTML para pegar no blog.
Aquí tes un exemplo de Issu:

No hay comentarios: