miércoles, 21 de febrero de 2024

Impresión 3D na aula de 1º de primaria

 Que traballo tan fermoso fixo o alumnado de 1º coa impresora 3D. Imprimiron o seu nome e fixeron un chaveiro con el.  Deseñaron nun papel un recadro coas medidas que querían que tivese o seu nome, escribiron no programa Tinkercad poñendo as medidas que tiña que ter o nome e, posteriormente, pasaron á impresora para ver o resultado do que diseñaron.

Cando xa estiveron todos os nomes impresos, foron pola biblioteca a recollelos para levalos para casa. 

Parabéns por este marabilloso traballo!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Pulsa en "Nombre" para escribir o teu nome. Sairá publicado cando nos chegue.